οπτικό ποίημα: A mocidade (poema visual)

οπτικό ποίημα: A mocidade

A ás veces anhelada, odiada ou despreciada adolescencia ten mil caras. En ocasións pénsase que a xente nova só pensa na festa, que son irresponsables. Parece que á xente nunca fora nova. Por iso, neste poema visual trato de mostrar unha das encrucixadas nas que nos atopamos: mirar cara o presente; pasalo ben, mirar cara o futuro; as nosas preocupacións mortais. (polo menos as miñas)

Poe-ma:

Dinche:
"Juventud divino tesoro"
E ti pensas:
Fai ti a selectividade
.
.
.
Pensas en que non tes tempo para sacar un dez en galego e sacalo ben,
e aínda non tes moi claro a onde te dirixes.

Recheas os vasos coa alegría do momento, pero sabes que en realidade,
o mundo é para quem nasce para o conquistar
e não para quem sonha que pode conquistá-lo, ainda que tenha razão
pero nós seguimos a soñar
é igual o que diga Pessoa
nós,
os artístikos, 
sabemos que somos especiais.
pero seguimos a rir e ollar uns para outros

collige virgo rosas,
porque mañá só seremos novos de espírito, 
e non nos lembraremos a nós mesmos.
.
.
.
a mocidade é fodida
pensas en deixar pegada sobre todo o mundo
en xamais,
deixar de ser mocidade

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luna Vieja

En la piel de Concha.

Blade Runner: Del odio al amor sólo hay un paso.