Entradas

Mostrando entradas de septiembre 27, 2017

Benvida: A beleza e a forza das ondas.

Imagen
A auga é algo marabilloso. Tanto se estamos a falar do mar aberto como de ríos, rías ou lagos, encántame.  A beleza da auga pura e transparente nun río, esa sensación de pulcritude; o nostálxico das rías, coas barcas estancadas cando hai marea baixa; os lagos máxicos, onde parece que non sucede nada, excepto amenceres e solpores. E por suposto, está o mar. Cada vez que visito algunha das nosas praias, absórbeme. Fico pensando na forza que mostra a súa imaxe, e o relaxante que é á vez.  Por isto, xa fai un ano, cando vou a unha praia non podo facer máis que fotos ás ondas, en calquera das súas formas, e como inauguración deste blog, aquí están unhas poucas delas    Pantin Classic 2016    Pantin Classic 2016     Pantin Classic 2016    Pantin Classic 2016     Pantin Classic 2016    Solpor en Cabo Prior    Praia de Doniños